Estamos procesando el pago

Protocolo para a abordaxe das violencias sexuais e lgtbifóbicas en espazos de ocio nocturno do Concello de Santiago de Compostela

TROULA SEGURA

ESTABLECEMENTOS DE

OCIO NOCTURNO e HOSTALERÍA

EVENTOS QUE AGLUTINAN ESPECTÁCULOS E ACTIVIDADES

RECREATIVAS NOCTURNAS

SECTOR PROFESIONAL DO

TAXI

EN QUE CONSISTE A FORMACIÓN PARA A APLICACIÓN DO PROTOCOLO “TROULA SEGURA”?

A formación inicial para a aplicación do Protocolo “Troula Segura” está enfocada no coñecemento dos distintos apartados que conforman o documento do Protocolo. Deste xeito, afondarase no marco normativo e conceptual ao que está suxeito o Protocolo, coñecendo a lexislación vixente, as tipoloxías e as diferentes formas de manifestación das violencias sexuais e LGTBIfóbicas.

Así mesmo, realizarase un percorrido polo circuíto básico de actuación, incidindo en cada unha das súas fases: detección, atención e actuación, e rexistro e seguimento. Trátase de coñecer o conxunto de principios e pautas básicas de actuación, que orientarán o papel a desenvolver por parte dos axentes de ocio nocturno á hora de abordar situacións de violencia sexual e/ou LGTBIfobia nos seus espazos de traballo.

Á súa vez, proporcionaranse unha serie de recomendacións relacionadas coa atención inmediata ás persoas vítimas dalgún tipo de violencia sexual e/ou LGTBIfóbica.

Esta acción formativa inicial poderá ser realizada en modalidade presencial ou online.

Escribe aquí tu impresionante etiqueta.

MODALIDADE PRESENCIAL

A formación en modalidade presencial terá lugar en CABES - Casa de Asociacións de Benestar Social.

As datas das edicións formativas abertas son as seguintes:
✍️ 1ª edición: 16 de abril
✍️ 2ª edición: 5 de xuño

Escribe aquí tu impresionante etiqueta.

MODALIDADE ONLINE

As datas das edicións formativas abertas son as seguintes:

💻1ª edición: do 1 ao 21 de abril
💻2ª ed.: do 29 de abril ao 19 de maio
💻3ª ed.: do 27 de maio ao 16 de xuño
💻4ª ed.: do 24 de xuño ao 14 de xullo
💻5ª ed.: do 4 ao 25 de setembro
💻6ª ed.: do 30 de setembro ao 21 de outubro

Escribe aquí tu impresionante etiqueta.

ACCIÓN FORMATIVA para aplicación do

Protocolo “Troula Segura”

Cales son os obxectivos queremos acadar con esta acción formativa? Previr situacións de violencia sexual e LGTBIfobia nos espazos de ocio nocturno, e poñer a disposición das persoas responsables e traballadoras unha serie de estratexias e recursos para a súa detección, atención e actuación de forma unificada e coordinada.

Tu etiqueta

Que contidos abordamos no curso?

Escribe aquí tu impresionante etiqueta.

O Protocolo "Troula Segura". Marco normativo e conceptual.

Escribe aquí tu impresionante etiqueta.

Prevención, sensibilización e actuación ante situacións de violencia sexual e LGTBIfóbica.

Escribe aquí tu impresionante etiqueta.

Pautas básicas para a primeira atención ás vítimas das violencias sexuais e LGTBifóbicas

Contacta con nós

Nome

Dirección e-mail

Teléfono

Asunto

Escribe aquí a túa mensaxe

Lin e acepto os Termos e condicións

Lin e acepto a Política de privacidade

Acepto recibir información comercial

Gracias pola túa mensaxe!

Etiqueta

Días de prueba:$dias

Repite tu email *